Persoal investigador integrado


Carme Fernández Pérez-Sanjulián

Titular de Universidade
881011739

Carme Fernández Pérez-Sanjulián é profesora titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña.

As súas liñas de investigación fundamentais céntranse no estudo da literatura galega e portuguesa dos séculos XIX e XX, así como das relacións entre os discursos literarios, culturais e políticos, nomeadamente entre identidade e construción nacional. Entre as súas publicacións destacan A construción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo (Premio Sempre en Galiza de Ensaio 2002) e a edición crítica da peza Fígados de Tigre de Francisco Gomes de Amorim. Na actualidade está a dirixir dous proxectos de investigación sobre a edición na Galiza durante o franquismo.

Interesada nas posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para a difusión e  produción cultural, outra liña de investigación en que traballa é a das Humanidades Dixitais, na cal participa de varios proxectos interdisciplinares. O seu libro, Bibliotecas Dixitais, en colaboración con Ángeles Saavedra, tamén se centra nesta temática.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos