Persoal investigador integrado


Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

Titular de Universidade
881014709

Carlos Caetano Biscainho Fernandes (A Coruña 1968), doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce como profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Os seus principais intereses de investigación son os estudos teatrais, especialmente o teatro galego na súa relación con outras culturas de lingua portuguesa. Neste sentido, ten traballado en diversos proxectos de investigación ligados á recuperación do patrimonio teatral galego e é Integrante do Consello Editorial da Biblioteca-Arquivo "Francisco Pillado Mayor" da Universidade da Coruña, dentro da cal dirixe a Serie Azul das súas publicacións (Literatura teatral galega).

É autor das monografías Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas (2017), Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego (2008), A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral (2007) e Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004). Aliás, é coautor dos volumes O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego, 1990-1999 (2000).

En 2016 foi galardoado co XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística. Desde 2018 é membro da Academia Galega de Teatro.

 

 

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos