Publicacións


Informe sobre usos lingüísticos no teatro galego

Edición

Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-9749-919-4

DOI

10.17979/spudc.9788497499194

Editorial

Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións

Data de publicación

2025

Número de páxinas

643

Descrición


Ao abeiro dun convenio de colaboración para actuacións en materia de normalización lingüística entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña, en 2022 iniciouse un proceso masivo de enquisas ás persoas que integran os diferentes sectores envolvidos na creación, distribución e recepción da produción espectacular galega. Dos cinco sectores inicialmente estabelecidos -dramaturg@s, intérpretes, director@s, programador@s e público-, unicamente puideron ser inquiridos os catro primeiros, visto que non resultou factíbel a recolla da opinións das e dos espectadores cos medios do Grupo ILLA da UDC e a Academia Galega de Teatro. Este ambicioso inquérito estendeuse até inicios do ano 2024 e foi realizado maioritariamente por vía telefónica -se ben tamén se recolleu información por correo electrónico. Esta función foi asumida polas bolseiras Fátima Novo Díaz, Marta Torrado Carollo e Romina Pérez Trillo, ás que se sumou o tamén bolseiro Óscar Pérez Vila -quen se encargou do deseño da aplicación de procesado dos resultados. Elas propias coadxuvaron no deseño das preguntas, nun proceso supervisado polo coordinador e o asesor de contidos do Observatorio -respectivamente, Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes e Francisco Oti Ríos.