Publicacións


Palcos e(n) ditadura: perspectivas ibéricas a partir do teatro galego

Edición

Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano / Rivadulla Costa, Diego

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

9781803747996

Editorial

Peter Lang

Data de publicación

2025

Número de páxinas

366

Descrición


No volume revísanse as historiografías dramáticas ibéricas dos períodos ditatoriais de mediados do século XX, co fin de encher os vacíos aínda identificábeis. Así, especialistas na análise dramática e na investigación das artes performativas da centuria focan a escrita e as prácticas escénicas dese período quer na península, quer no exilio e na emigración.

Desde unha perspectiva ibérica comparatistas que toma o galego como punto de partida, reúnense investigacións que oferecen lecturas renovadaffs sobre os diferentes sistemas teatrais peninsulares. Os traballos analizan obras que non tiñan recibido a atención crítica que merecían, densifican os estudos sobre a censura teatral, superan visións reducionistas do perfil dalgúns creadores para reivindicar a modernidade das súas prácticas, estudan os arquivos dos exiliados apontando títulos e autorías, salientan a relevancia do teatro importado durante ese período ou recoñecen a centralidade de dramaturgas marxinadas polo marco androcéntrico.