Persoal investigador integrado


Cilha Lourenço Módia

Contratada Doutora
881011738

Cilha Lourenço Módia (A Coruña, 1974) é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade da Coruña. Os seus intereses de investigación céntranse, por un lado, nos estudos teatrais galegos, disciplina á cal contribuíu coa súa tese de doutoramento O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978), publicada en 2013 por Laiovento, mais tamén con diversos artigos, capítulos e comunicacións científicas. Por outro lado, Lourenço destaca polos seus traballos de gramática galega, virados para a elaboración e a análise de materiais didácticos, como a Gramática práctica da lingua galega, publicada xunto con Xoán López Viñas e Marisa Moreda Leirado (Baía Edicións, 2011 2.ª ed.), ou os libros de texto para os catro cursos da ESO de Lingua Galega e Literatura, en colaboración con Xoán López Viñas e María Vilariño Suárez (Baía Edicións, 2015 e 2016). Na actualidade, traballa como profesora axudante doutora na Universidade da Coruña.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses