Publicacións


Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión

Autoría

López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa

Liñas de investigación

Gramática galega

ISBN

978-84-92630-63-9

Editorial

Baía Edicións

Data de publicación

2010

Número de páxinas

547

Descrición


Guía de contidos lingüísticos concibida para favorecer a comunicación e a identidade cultural dos falantes do noso idioma e destinada a todas aquelas persoas que deexen ampliar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito.

Este volume está dividido en oito grandes capítulos: I. Comunicación e linguaxe; II. Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza; III. Fonética e fonoloxía; IV. Representación gráfica da lingua oral; V. Morfoloxía; VI. Sintaxe; VII. Semántica lexical e lexicografía; VIII. Lingüística xeral.

Ao longo destes capítulosofrécese unha visión xeral das disciplinas lingüísticas tradicionais e, alén diso, fiornécese información de tipo pragmático que axuda a entender o feito lingüístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúense aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade, a vehicularización da oralidade a través da escrita ou a tipoloxía textual.