Persoal investigador integrado


Laura Tato Fontaíña

Catedrática de Universidade
881011735

Laura Tato Fontaíña é Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa do Departamento de Letras  da UDC. Ten como principal liña de investigación a historia do teatro galego e, dentro dela, gañou o IV Premio de Investigación Lingüística e Literaria "Ricardo Carvalho Calero" coa obra Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936 (1995), e o XVIII Premio “Vicente Risco” de Ciencias  Sociais coa obra Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo (2014).

É autora de monografías como Historia do teatro galego. Das orixes a 1936 (1999); Teatro galego 1915-1936 (1997); Roberto Vidal Bolaño: unha vida para o teatro (2013); de varias edicións como Luís Manteiga: Teatro galego (2003); Camino de Santiago, de Ramón Otero Pedrayo (2018) ou O Cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca. Edición crítica (2007); e de artigos como "Os vellos non deben de namorarse, de Castelao: xestación e recepción", en  Madrygal,  Revista de Estudios Gallegos (2019).

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos