Publicacións


Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao

Edición

Ogando, Iolanda / Tato Fontaíña, Laura

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-9749-533-2

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

Data de publicación

2012

Número de páxinas

291

Descrición


Neste volume recupéranse unha serie de textos do período comprendido entre 1903 e 1923 que poden axudar a clarificar ou documentar algunhas zonas escuras da historia do teatro galego. Son un total de dezanove, de diversos autores e de diferente índole: dezaoito pezas dramáticas e unha carta incompleta de Alfonso D. R. Castelao, en que o autor rianxeiro expón o programa dunha función de Teatro de Arte.

Canto aos textos dramáticos, ou ben son manuscritos que permanecían inéditos ou ben viran a luz en publicacións periódicas de difícil acceso na actualidade. De Galo Salinas recupéranse catro pezas que permiten matizar a evolución deste pioneiro do teatro galego: Sabela, Entre dous mundos, Os meus amores e Copas e bastos.

Completan o elenco de autores Alfredo Nan de Allariz, Emiliano Balás Silva, José M. López Castiñeiras, Salvador Cabeza de León, Manuel Posse Rodríguez, Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Hermida, José Ares Miramonte, Manuel Vidal, Manuel Rei Posse e o anónimo Nin Guén.