Publicacións


Estudos Galego-Brasileiros 4. Lingua, Literatura, Identidade

Edición

Tato Fontaíña, Laura / Maleval, Mª do Amparo Tavares

ISBN

978-84-9749-394-9

Editorial

Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña

Data de publicación

2010

Número de páxinas

549

Descrición


Este cuarto volume da serie Estudos Galego-Brasileiro é o resultado da colaboración entre un grupo amplo de investigadores pertencentes á Universidade Estadual do Rio de Janeiro e á Universidade da Coruña, que se vén desenvolvendo desde o ano 2003 no marco dun proxecto de cooperación internacional. Os traballos que nel se recollen tratan sobre diversos aspectos lingüísticos, literarios e culturais que teñen como denominador común o estudos dos procesos de emerxencia lingüística e literaria nos espazos galego e brasileiro, con algunha outra achega ás literaturas africanas de expresión portuguesa.

Este número recolle os estudos de Claudia Amorim, José Carlos de Azeredo, Xohán Xabier Baldomir Cabanas, e Iremar Maciel de Brito, Delia Cambeiro, Leticia Eirín García, Carmem Lúcia Negreiros de Figueiredo, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Anxos García Fonte, José Luís Jobim, Xoán López Viñas, Roberto López-Iglésias Samartim, Cilha Lourenço Módia, Maria do Amparo Tavares Maleval, Laura Mariño Taibo, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Alva Martínez Teixeiro, Marisa Moreda Leirado, Diego Pardo Amado, Maria Teresa Gonçalves Pereira, Francisco Salinas Portugal, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín Rei, Roberto Acízelo de Souza e Laura Tato Fontaíña.