Actualidade


Alva Martínez Teixeiro imparte un curso no Programa de Pós-Graduação em Letras da PUC-RS

Alva Martínez Teixeiro, profesora da Universidade de Lisboa e colaboradora de ILLA, imparte o curso libre "Artistas Letrados e Letrados Artistas — Relações interartes na Literatura Brasileira (Séculos XX e XXI)".


O curso do Programa de Pós-Graduação em Letras da Pontifícia Universidade Católica de Rio Grande do Sul discorrerá, via zoom, entre outubro e decembro do ano en curso, abordando as relacións interartísticas, entre o visual e o verbal, establecidas na Literatura Brasileira en tres períodos notábeis pola súa extraordinaria modernidade e radicalidade nos séculos XX e XXI: o das neovangardas, o da contracultura e o da denominada posmodernidade. 

Para esta multifacetada reflexión, partése de varios topoi críticos e de diversos exemplos significativos: 

1) Modernidade, renovación do paideuma, crise do verso, tensión entre racionalismo e subjetividade, polémica e experimentación na obra neovanguardista de Ferreira Gullar. 

2) Contestación cultural, negación da arte intelectiva, sensorialismo e irracionalismo, propostas experienciais e experimentais na fáustica e alucinada interpretación interartística da contracultura de Hélio Oiticica. 

3) Posmodernidade, hibridismo, arte em crise, crise do suxeito e literatura dixital, na contemporaneidade brasileira e nas obras de Laura Erber e Nuno Ramos.