Actualidade
-
Publicación do volume Manuel María e Portugal: cartas de alén Miño (1960-2004)
Marzo 2026A obra, publicada pola Casa-Museo Manuel María, é da autoría de Xosé Ramón Freixeiro e Manuel Ferreiro (ILLA, UDC).
-
Publicado o segundo volume de Universo Cantigas, centrado nas cantigas de amigo
O volume está coordinado por Manuel Ferreiro, membro de ILLA, coa colaboración de Leticia Eirín, tamén membro do grupo, xunto con Mariña Arbor Aldea (USC) e Bieito Arias Freixedo. (UVigo).
-
Petición de contributos para a RGF 27 (2026)
Xaneiro 2026A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 27, correspondente ao ano de 2026.
-
A Revista Galega de Filoloxía obtén o selo de calidade editorial da FECYT
Decembro de 2025A Revista Galega de Filoloxía obtén este prestixioso recoñecemento editorial e a mención de boas prácticas en igualdade de xénero.
-
Publicación do 'Informe sobre usos lingüísticos no teatro galego'
Decembro 2025O volume, coordinado polo profesor Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, está dispoñíbel no repositorio institucional da Universidade da Coruña.
-
Defensa de tese de doutoramento
19 de decembro de 2025Paulo Fernandes Mirás, doutorando no grupo ILLA, defendeu a súa tese de doutoramento dedicada á poesía de Ricardo Carvalho Calero.
Facultade de Filoloxía -
Publicación de 'Palcos (e)n ditadura'
Decembro 2025O volume, publicado por Peter Lang, foi editado por Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes e Diego Rivadulla Costa, membros de ILLA.
-
Publicación de “En este son un cantar farei. Estudo sobre o universo das cantigas”
Outubro 2025A profesora e membro de ILLA, Leticia Eirín, vén de editar este volume colectivo sobre o universo das cantigas
-
Publicación dixital do volume 'Textos dramáticos no "Parladoiro" Ramón Otero Pedrayo'
Outubro 2025A obra foi editada pola profesora Laura Tato Fontaíña, membro de ILLA.
-
Palestra de Xosé Manuel Sánchez Rei na Fundación Luís Seoane
25 de outubro de 2025, 12.00hO profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, membro de ILLA, profire unha palestra sobre o cancioneiro tradicional coruñés convidado polo coro histórico Cántigas da Terra.
Fundación Luís Seoane

