Tese de doutoramento
A Escola Dramática Galega na Configuración do Sistema Galego de Produción Teatral (1978-1994)
Data de Lectura
26-xuño-2006
Facultade
Facultade de Filoloxía
Universidade
Universidade da Coruña
Departamento
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación
Sobresaliente Cum Laude
Título acadado
Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa
Descrición
Desde finais da década de 60, a actividade teatral galega viviu un proceso de recuperación que supuxo a reconfiguración na Galiza dun sistema teatral autónomo. A partir do marco da teoría polisistémica, analízase a participación neste proceso da Escola Dramática Galega durante os seus dezaseis anos de vida.