Actualidade
-
II Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino
15 de outubro de 2024As xornadas, organizadas por ILLA, están coordinadas pola profª Cilha Lourenço Módia e polo prof. Xoán López Viñas.
Sala 2.7 (Facultade de Filoloxía) -
'Falarmos do reino de Galiza: investigación e divulgación', palestra de Carlos Lixó
14 de outubro de 2024, ás 13.00 hA palestra está coordinada polo prof. Isaac Lourido, membro de ILLA
Sala de graos da Facultade de Filoloxía -
Coloquio poético "Unha rebeldía que estoura sen ruído"
9 de outubro, 12.30hO vindeiro mércores 9 de outubro terá lugar o coloquio poético Unha rebeldía que estoura sen ruído, coa participación de Nuria Vil, Branca Trigo e Bea Saiáns e baixo a coordinación de Ánxela Lema, membro de ILLA.
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía -
O grupo ILLA xa está en Instagram
ILLA abre conta en Instagram como medio difusión e achegamento do labor do grupo
-
Coloquio "Biciosas e Visibles: ler e reflexionar sobre a bisexualidade"
25 de setembro de 2024, 12:30hCon motivo do Día Internacional da Bisexualidade, o grupo ILLA organiza un coloquio para reflexionar sobre este tema.
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía -
Encontro Interuniversitario do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios
13 de setembro de 2024Co gallo do inicio de curso, celébrase este venres 13 de setembro o Encontro Interuniversitario do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios, en que participarán varios dos membros do grupo ILLA
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía -
Carme Vidal en 'Aula aberta'
26 de xuño de 2024, 19:30 hA palestra "Mulleres coa vida escrita" pechará este ano o ciclo que o grupo ILLA organiza en colaboración coa AC Alexandre Bóveda.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º) -
Membros de ILLA participan no congreso da Asociación de Hispanistas Italianos
19-22 de xuño de 2024Leticia Eirín e Diego Rivadulla participan na reunión científica trienal da Asociación de Hispanistas Italianos, que nesta edición aborda o tema “L'universo femminile fra testi e storia. Temi, scritture, linguaggi”.
Sapienza Università di Roma (Italia) -
Terceira edición do Encontro investigador sobre poesía galega actual
11 de xuño de 2024Neste ano o encontro, coordinado por Isaac Lourido, estará dedicado a proxectos en curso e novas perspectivas.
Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía (UDC) / Teams -
Nova edición de 'Elas no prelo'
5 de xuño de 2024A actividade está organizada polo proxecto "A edición literaria na Galiza (1975-2000)", financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Agencia Estatal de Investigación, e conta co apoio de ILLA.
Sala Xiga/Tera, CITIC (UDC)