Actualidade


A poesía popular oral no episodio 6 de LongaLingua
Maio 2025

O profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, membro de ILLA, falou sobre as cantigas populares galegas no último episodio do podcast LongaLingua.


O pasado venres publicouse o episodio 6 de LongaLingua, un podcast promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego, que dá voz en cada entrega a persoas destacadas polas súas achegas á normalización da lingua galega en distintos ámbitos.

 

Neste novo episodio, o convidado foi o profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, quen, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas —dedicado este ano á poesía popular oral— ofreceu unha análise rigorosa das cantigas populares galegas. Ao longo da conversa, trátanse cuestións como a orixe e evolución destas composicións, a súa estrutura lingüística e musical, así como o seu papel fundamental na transmisión da cultura galega a través do tempo.

Ademais, cada episodio complétase cun artigo específico publicado na web de LongaLingua.