Actualidade


Novo número da 'Revista Galega de Filoloxía'
Decembro 2024

Xa está dispoñíbel no repositorio de revistas electrónicas da UDC o número 25 desta publicación periódica xestionada polo grupo ILLA.


Esta cabeceira académica, nada no ano 2000, conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolveren algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade.

No número son publicados artigos de Daniel Amarelo e Élia Lago Pereira, Ricardo Axeitos, João Pedro Carvalho, Pedro Dono López, Marcus Dores, Isabel Margarida Duarte e Maria Aldina Marques, Telmo Moia, Rui Ramos, Ana Ribeiro e María Rosario Soto Arias.

O exemplar está disponíbel para consulta e descarga en https://revistas.udc.es/index.php/rgf