Actualidade


Participación do profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro no IV Congresso Internacional de Literatura Brasileira.
11-13 de decembro de 2024
Facultade de Filoloxía da Universidade de Salamanca

O profesor Martínez Pereiro, membro de ILLA, impartirá a conferencia plenaria “A ‘verdade’ do eu no outro futuro: Machado de Assis póstero”.


Carlos Paulo Martínez Pereiro participa, como conferencista convidado, no IV Congresso Internacional de Literatura Brasileira, que se celebra en Salamanca do 11 ao 13 de decembro próximo.

No congreso, organizado polo ‘Centro de Estudios Brasileños’ da ‘Universidad de Salamanca’ e a Academia Brasileira de Letras, o membro integrado de ILLA impartirá a conferencia plenaria “A ‘verdade’ do eu no outro futuro: Machado de Assis póstero”.

Nos parámetros da vixencia e da actualidade in progress da narrativa curta de madurez, a intervención pretende mostrar o como Machado de Assis (1839-1908) nos continúa axudando a mellor nos comprender, analizando a ficción producida ao longo de máis de cinco quinquenios, a través de algúns exempla significativos, publicados na imprensa periódica, entre 1881 e 1907, ou nos volumes Papéis Avulsos (1882), Histórias sem Data (1884), Varias Histórias (1886), Páginas Recolhidas (1889) e Relíquias da Casa Velha (1906).

_________________

Link do IV COLIBRA: https://cebusal.es/congresos/congreso-colibra/apresentacao/?lang=pt-br 

Link ao programa: https://cebusal.es/colibra-programa-1/?lang=pt-br