Actualidade
Con motivo do Día Internacional da Bisexualidade, o grupo ILLA organiza un coloquio para reflexionar sobre este tema.
O día 23 de setembro celébrase o Día Internacional da Bisexualidade, día en que se reivindica a súa historia, cultura e comunidade. Con motivo desta data, o grupo ILLA organiza o coloquio "Biciosas e Visibles: ler e reflexionar sobre a bisexualidade" no mércores 25 de setembro.
Baixo a coordinación da doutora Ánxela Lema, membro deste grupo, intervirán: Ana M. Amigo Ventureira, doutora en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe
e Saúde e autora de Biciosas o la necesidad de queerizar lo queer (2022) e Ignacio Elpidio
Domínguez Ruiz, doutor en Antropoloxía e autor de Bifobia (2017) e Más que visibles (2022).
A xornada terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía ás12:30 horas