Actualidade
Actuación de Pablísimo con "Gabinete Mirabilia"
20 de outubro de 2025, 10.30h
Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña)
A profesora Iria Sobrino Freire, membro de ILLA, organiza esta actividade no marco da materia Literatura Infantil e a súa Didáctica.
O vindeiro luns 20 de outubro, ás 10:30 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, o actor Pablísimo presentará o seu novo espectáculo “Gabinete Mirabilia”.
Tras a actuación, haberá un coloquio co alumnado en que se afondará no valor da narración oral e as súas posibilidades didácticas.
A actividade enmárcase na materia Literatura Infantil e a súa Didáctica, impartida pola profesora Iria Sobrino, mais estará aberta á asistencia de calquera persoa interesada.