Actualidade
O Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA) é o responsable da edición das obras publicadas pola Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, fundada en 1996.
A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ás artes escénicas, foi constituída sobre a doazón que, o 26 de marzo de 1996, realizou Francisco Pillado Mayor á Universidade da Coruña (UDC). Esta biblioteca-arquivo depende, no ámbito científico, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA), pertencente ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, e, no ámbito técnico, da Biblioteca Xeral da UDC.
Á doazón inicial de Francisco Pillado Mayor engadíronse outras achegas procedentes de arquivos privados e persoais (Manuel Lorenzo, Miguel Gómez Segade, Cándido Pazó, Real Coro Toxos e Froles, Sala Nasa, Sala Galán, Teatro do Noroeste, Asociación de Actores, Técnicos e Directores de Escena etc.), ademais das adquisicións regulares realizadas pola UDC.
A biblioteca-arquivo ten a súa sede na Biblioteca de Filoloxía da UDC, dirixida por Marta Lago Méndez. Está integrada por dous fondos tipoloxicamente diferentes: un bibliográfico e outro documental. O primeiro está constituído por todos os libros e revistas doados por Francisco Pillado Mayor e outros mercados pola UDC. Trátase de obras de teoría do teatro e das artes escénicas, e textos de teatro clásico e contemporáneo, en galego e noutros idiomas. O segundo fondo está integrado por documentos doados por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo, e outros de diferentes procedencias. Ambos os dous poden consultarse no catálogo da biblioteca da UDC ou na colección dixitalizada accesible no Repositorio Institucional (RUC) da UDC.
Porén a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor tamén edita obras, baixo a coordinación científica da profesora Laura Tato Fontaíña e a coordinación editorial do profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro, integrantes do Grupo ILLA. Este labor de edición permite que as persoas usuarias poidan acceder a unha gran cantidade de textos clásicos ou históricos do teatro galego, a textos clásicos da historia do teatro europeo e tamén a textos en lingua portuguesa, con nomes como Pepetela, Duarte Ivo Cruz, José de Oliveira Barata ou Teresa Rita Lopes.
A colección completa conta coa publicación de 71 obras que se dividen en seis series: azul (literatura teatral galega), branca (outras literaturas teatrais), gris (pensamento e estética), ouro (documenta), verde (literatura teatral en lingua portuguesa) e vermella (literatura teatral en lingua francesa).
|
1 |
Xaime Quintanilla |
|
2 |
Denis Diderot |
|
3 |
Antón Villar Ponte |
|
4 |
Oscar Wilde |
|
5 |
Aristóteles |
|
6 |
Hildegarde de Bingen |
|
7 |
Ramón Otero Pedrayo |
|
8 |
Tres pezas cómicas medievais |
|
9 |
Pedro P. Riobó Sanluís |
|
10 |
O teatro de Charles Baudelaire. Proxectos |
|
11 |
Ricardo Carvalho Calero |
|
12 |
António Ferreira |
|
13 |
Rosvita de Gandersheim |
|
14 |
Llorenç Villalonga |
|
15 |
José Oliveira Barata |
|
16 |
Alexandre Ballester |
|
17 |
Goretti Sanmartín Rei |
|
18 |
Josep Pere Peyró |
|
19 |
Afonso Álvares |
|
20 |
Ramón Cabanillas |
|
21 |
Teatro Brasileiro: Textos de Fundação |
|
22 |
Roberto Cordovani |
|
23 |
Joan Guasp |
|
24 |
François Riccoboni |
|
25 |
Mª Isabel Morán Cabanas |
|
26 |
Ana Kiffer |
|
27 |
Paulino Pereiro |
|
28 |
Francisco Gomes de Amorim |
|
29 |
Gil Vicente |
|
30 |
Manuel María |
|
31 |
Eugène Labiche [e Marc-Michel] |
|
32 |
Manuel Lourenzo |
|
33 |
Cándido A. González |
|
34 |
Iolanda Ogando |
|
35 |
Euloxio R. Ruibal |
|
36 |
Antoni Nadal |
|
37 |
Emilio Xosé Ínsua López |
|
38 |
Xesús Pisón |
|
39 |
Duarte Ivo Cruz |
|
40 |
Afonso Becerra de Becerreá |
|
41 |
Documentos para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) |
|
42 |
Manuel Lourenzo/José Oliveira Barata |
|
43 |
Marica Campo |
|
44 |
Manuel Lugrís Freire |
|
45 |
Hèléne Cixous |
|
46 |
Uxío Carré Aldao |
|
47 |
Manjula Padmanabhan |
|
48 |
Teresa Rita Lopes |
|
49 |
D. Francisco Manuel de Melo |
|
50 |
Aristóteles |
|
51 |
Carlo Gozzi |
|
52 |
Carlo Gozzi |
|
53 |
Luís de Camões |
|
54 |
Marica Campo |
|
55 |
Antonio Gramsci |
|
56 |
Antonio Gramsci |
|
57 |
Camilo Castelo Branco |
|
58 |
Xosé Teixeiro |
|
59 |
Laura Tato Fontaíña |
|
60 |
Alva Martínez Teixeiro |
|
61 |
Iolanda Ogando |
|
62 |
Henrique Rabuñal |
|
63 |
Pepetela |
|
64 |
Raúl Dans |
|
65 |
Octave Mirbeau |
|
66 |
Teresa Moure |
|
67 |
Maria de Lourdes Nunes Ramalho |
|
68 |
A arca de noé |
|
69 |
Leandro Carré |
|
70 |
Julio Montero, Paulino Pereiro e Juan Pérez Berná |
|
71 |
De Galo Salinas a Castelao |

