Persoal investigador integrado


Leticia Eirín García

Contratada Interina de Substitución
881014773

Leticia Eirín García (A Coruña, 1981), licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade da Coruña e doutorouse nesta mesma universidade no ano 2012.

O seu traballo de investigación está centrado na literatura medieval galego-portuguesa. De entre as súas publicacións destaca a edición da obra teatral Auto chamado dos Enfatriões, de Luís de Camões (Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, 2008), O cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2014), en colaboración con Manuel Ferreiro, ou A visión do amor no cancioneiro de Don Denis. Estudo e edición de 33 cantigas de amor (Edicións Laiovento, 2015). Na actualidade é profesora da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos