Actualidade
Membros de ILLA participan no Festival 'Abride a fiestra' 2025
13 de xullo de 2025, 11.45h
Fundación Rosalía de Castro (A Matanza, Padrón)
A profesora Carme F. Pérez-Sanjulián e a profesora emérita Pilar García Negro, membros de ILLA, participarán na xornada.
Este vindeiro domingo, 13 de xullo, no marco do festival "Abride a fiestra", terá lugar na Fundación Rosalía de Castro a presentación do libro Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos, que foi publicado no 2023 polo Servizo de Publicación da UDC. No acto intervirán a editora, Carme F. Pérez-Sanjulián; a autora dos textos, María Pilar García Negro; e a directora do SPU, Inma Doval.
Ademais, a profesora Carme F. Pérez-Sanjulián conducirá unha visita guiada pola Casa de Rosalía ás 17:30 h, e a profesora emérita Pilar García Negro realizará outra ás 18:30 h.
Programa completo na seguinte ligazón