Actualidade
A Profª. Alva Martínez Teixeiro, membro de ILLA, vén de publicar, no nº 88 da revista Iberoamericana. América Latina – España – Portugal, o artigo «O Enigma de Qaf, de Alberto Mussa: A Heterodoxa Reinvenção da tradução na ficção brasileira contemporânea».
O artigo analiza a representación do tradutor e da tradución no romance O enigma de Qaf (2004) do escritor brasileiro Alberto Mussa –traducido para o árabe en 2015 como لغز القاف . A obra inspírase no traballo realizado polo autor para traducir os Poemas suspensos (2006), creados no século VI por algúns dos maiores poetas beduínos. Así, o obxectivo do artigo é comprender o modo como, a partir dunha certa escrita do eu, a personaxe de Mussa realiza unha creativa tradución dun deses poemas –«Qafiya al-Qaf»– no romance. A obra será analizada a partir de diversas perspectivas: a importancia da literatura migrante, a crecente centralidade do tradutor na ficción, o estudo dos motivos ligados á tradución na literatura contemporánea ou a indefinición da fronteira entre autoría e tradución.