Actualidade


Seminario de João Veloso
3 de abril de 2025, 12.30h
Sala Carvalho Calero (Facultade de Filoloxía)

O seminario, organizado por ILLA, leva por título "A paisagem linguística única de Macau"


O xoves 3 abril, na Sala Carvalho Calero, o profesor João Veloso impartirá o seminario "A paisagem linguística única de Macau", en que nos achegará á realidade lingüística deste territorio.

 

Macau é un pequeno territorio que, dentro da República Popular da China, goza dun estatuto xurídico-político propio e de características históricas, lingüísticas e culturais únicas.  A rexión ten o chinés e o portugués como linguas oficiais e o inglés como unha importante lingua vehicular. Á par desta caracterización baseada na oficialidade do chinés e do portugués, Macau abriga aínda falantes oriúndos de diversas provincias da China e de varios países asiáticos. Estas comunidades tornan o plurilingüismo de Macau un caso único na construción dunha paisaxe lingüística singular en que o portugués, o chinés (a través do cantonés, do mandarín e de outras línguas siníticas), o inglés, o filipino (e outras linguas das Filipinas), o vietenamita, o tailandés e o nepalés, entre outras, constrúen un exemplo de convivencia multilingüística e multicultural.