Actualidade
ILLA organiza unha palestra dedicada ao pensador e poeta das Irmandades da Fala.
A próxima terza feira, 25 de febreiro, António Gil Hernández impartirá a palestra “Johán V. Viqueira / João V. Biqueira, poeta e pensador da Galiza federada”. Nela será realizada unha introdución á traxectoria do que foi un dos intelectuais de referencia nas Irmandades da Fala e do emerxente nacionalismo político e cultural das primeiras décadas do século XX, até a súa prematura morte en 1924.
António Gil Hernández ten unha ampla produción investigadora sobre Lingüística, Sociolingüística e Literatura no ámbito galego. A súa obra máis recente é Johán Vicente Viqueira / João Vicente Biqueira (1924-2024). Poemas e ensaios (Através Editora, 2024).
O evento terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía ás 13.00h.