Actualidade


Conferencia sobre Lygia Fagundes Telles na Cátedra Cascais Interartes
10 de maio, 17.00h

A conferencia sobre a obra da escritora brasileira Lygia Fagundes Telles será impartida pola membro de ILLA, Alva Martínez Teixeiro, profesora distinguida Beatriz Galindo (senior).


O vindeiro sábado 10 de maio, ás 17:00 h, terá lugar a conferencia Lygia Fagundes Telles. Livros do momento e livros de sempre, impartida por Alva Martínez Teixeiro, profesora distinguida Beatriz Galindo (senior). A intervención forma parte do Seminario Permanente "Grandes Obras da Literatura Universal", organizado pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, no marco da Cátedra Cascais Interartes.

A conferencia estará dedicada á obra da escritora brasileira Lygia Fagundes Telles (1918–2022), unha das figuras máis relevantes da literatura en lingua portuguesa.

O evento poderá seguirse en directo a través de Zoom [Ligazón] e tamén será retransmitido por streaming na canle de YouTube da Fundação D. Luís I.