Persoal investigador colaborador


Diego Rivadulla Costa

Diego Rivadulla Costa é Licenciado en Filoloxía Hispánica (2012) e Graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2014) pola Universidade da Coruña, con Premio Extraordinario da universidade e da Comunidade Autónoma de Galicia. No ano 2020 obtivo o título de Doutor con mención internacional coa tese "Novela e memoria cultural: a ficcionalización do franquismo na narrativa galega (2000-2015)", no marco do Programa de Doutoramento interuniversitario en Estudos Literarios da UDC e a UVIGO. Realizou, ademais, estudos de posgrao como o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (2020) e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas (2013).

Foi bolseiro de colaboración en diversos proxectos de investigación do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña, investigador contratado no proxecto financiado Cronoloxía da literatura galega (1801-1900) (FFI2012-37891) e investigador en formación contratado ao abeiro das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia no Departamento de Letras da UDC. Actualmente é profesor lector de lingua e literatura galegas na Universidade de Deusto.

Os seus ámbitos de investigación son os estudos literarios e culturais, con especial atención á literatura galega contemporánea, os estudos ibéricos e as relacións entre literatura e memoria. Realizou estadías de investigación na EHEHI Casa de Velázquez (École des hautes études hispaniques et ibériques) en Madrid e na Universidade de Aarhus (Dinamarca). Para alén de ser membro colaborador do Grupo ILLA, forma parte da Rede Internacional de Investigación "Memoria e Narración" da Universidade de Oslo e da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

  • Publicacións
  • Teses
  • Outros méritos