Persoal investigador colaborador


Maria Filipowicz-Rudek

48 604 438 250

Iberianista investigadora nos campos da literatura e da tradución, con especial atención á literatura galega.
É profesora adxunta e xefa do Departamento de Filoloxía Española do Instituto de Filoloxía Románica da Universidade Jagellónica (Cracovia) e dirixe o Centro de Estudos Galegos desa universidade.
Coeditora da revista especializada en tradución Między oryginałem a przekładem, publicou igualmente Almanach Galicyjski (2003, 2007), dedicada integramente á cultura e á literatura galegas, e o volume Policromía (2007), sobre os estudos polacos á volta das linguas e culturas minorizadas na Península Ibérica.
Aliás, destácase polo seu prolongado labor de divulgación e tradución para a lingua polonesa da obra de autores como Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Susto de Toto, Manuel Rivas, Claudio Rodríguez ou José Hierro.

Liñas de investigación: literatura galega, cultura galega, xiro cultural nos estudos literarios, posthumanismo, ecopoética, estudos de tradución, tradución musical (mélica).

  • Publicacións
  • Outros méritos