Publicacións


Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía

Autoría

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Liñas de investigación

Gramática galega

ISBN

84-89976-32-5

Editorial

A Nosa Terra

Data de publicación

1998

Número de páxinas

316

Descrición


Este volume, dedicado á fonética e fonoloxía, é a primeira entrega dun proxecto global de gramática galega. Con el quérese ofrecer ao público un traballo de sistematización, estudo e reflexión que contribúa a conformar un modelo común de lingua cada vez máis axustado ás necesidades presentes e futuras do idioma e, ao mesmo tempo, á propia esencia do galego.

A proposta do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato vai encamiñada á construcción dun marco teórico propio que, tendo en conta todas as linguas do noso contorno, e mesmo outras máis afastadas, non sexa dependente ou non estea subordinado a ningunha delas, coa declarada intención de fuxirmos do discurso diglósico galego/español.

O modelo de que se parte neste traballo é o modelo do galego común, hoxe en avanzado proceso de conformación. Porén, no estudo do sistema lingüístico galego non poden ficar á marxe as variantes dialectais máis relevantes, que tamén deben ser explicadas en relación con aquel e en función da súa presenza no galego que actualmente se fala. Tampouco se pode prescindir das variantes diastráticas ou diafásicas, sobre todo nunha situación histórica como a da lingua galega moderna onde a mestura de niveis e rexistros lingüísticos se converteu en norma tamén na lingua escrita por ausencia dun modelo formal ou culto irradiado desde o poder.