Actualidade


Xosé Ramón Freixeiro edita o epistolario entre Ricardo Carvalho Calero e Tomás Barros
Xaneiro 2023

O profesor emérito da UDC e membro do Grupo ILLA Xosé Ramón Freixeiro Mato acaba de publicar a obra Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983).


O libro, editado polo Clube de Prensa de Ferrol, consta dun estudo introdutorio e da transcrición de 132 cartas entre esas dúas personalidades da cultura galega da segunda metade do século XX; 72 son da autoría de Carvalho e 60 de Barros. Nelas trátase fundamentalmente sobre a propia produción literaria destes dous escritores e sobre as revistas Aturuxo e Nordés, que promoveu Barros co consello e colaboración de Carvalho, para alén de se referiren ás traxectorias persoais e profesionais de ambos.

As cartas van acompañadas dun pormenorizado sistema de notas de rodapé explicativas.