Actualidade


'Nós Diario' entrevista Alexandre Peres Vigo
18 de marzo de 2021
Entrevista en 'Nós Diario'

O xornal dedica dúas páxinas da sección de cultura a divulgar a investigación sobre a galaicofobia que o doutor membro de ILLA realiza na súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Manuel Ferreiro.


O texto, asinado por Cilia Torna, destaca a continuidade actual do estereótipo antigalego que o doutor Peres Vigo estuda na súa tese de doutoramento. O investigador sinala como a noción da superioridade de Castela fronte á Galiza nace do proceso de subordinación política do Reino da Galiza. Asemade, Peres Vigo sinala como os testemuños lingüísticos populares da altura transparecen esta idea desde antes de seren amplificados por escritores de prestixio como Miguel de Cervantes, Francisco de Quevedo ou Lope de Vega. Por último, o autor salienta como as mulleres sufriron con maior ferocidade estes estereótipos e como o antigalego é un preconcepto que goza de normalidade e, actualizado a conveniencia, segue a danar a autoestima do país.