Actualidade


Pilar García Negro recibe o premio Ínsua dos Poetas
Xullo 2020

A profesora honoraria da UDC e colaboradora de ILLA foi distinguida na XIIª Festa da Palabra celebrada no Carballiño o pasado día 19 de xullo.


Os premios recoñeceron a traxectoria investigadora, ensaística e docente da profª García Negro, e galardoaron tamén personalidades como María Xosé Silvar (Sés), polo seu compromiso coa lingua galega, e colectivos como o Cine Clube do Carballiño.

Desde o grupo ILLA enviamos os nosos máis cordiais parabéns a  Pilar.

Máis información sobre a traxectoria académica da profesora García Negro: http://illa.udc.gal/ShowResearcherInformation.do?id=21