Actualidade
24 de febreiro, Día de Rosalía, conmemórase o nacemento da grande escritora galega Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe chamada Rosalía de Castro) e finou en Padrón, na Casa da Matanza, o 15 de xullo de 1885, cando contaba con 48 anos de idade.
Rosalía de Castro converteuse nunha das figuras literarias clave na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo, e a súa densa creación literaria –en prosa e verso, en galego e castelán– ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX.
A publicación de Cantares gallegos (17 de maio de 1863), escrito integramente en galego, supuxo un fito histórico e de gran transcendencia para o presente e futuro da nosa literatura. En palabras da profesora Pilar García Negro foi o “primeiro monumento da literatura galega contemporánea”. A obra rosaliana dános a coñecer unha muller cun avanzado pensamento político e social, crítica co mundo que lle tocou vivir e comprometida co pobo galego.
Rosalía de Castro é obxecto de estudo nos diversos traballos de investigación realizados polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Pilar García Negro, Teresa López, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membros do Grupo ILLA, dedicáronlle parte das súas investigacións:
Libros
García Negro, Pilar (ed.), No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, 282 pp. [ISBN 978-84-89323-97-1]. |
|
García Negro, Pilar, Cantares Gallegos, hoxe: unha lectura actualizada de Rosalía de Castro , Lugo, Alvarellos, 2013, 132 pp. [ISBN 978-84-89323-88-9].
Capítulos de libros |
|
García Negro, Pilar, "[Fragmentos]. Emilia Pardo Bazán", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 215-227 [ISBN 978-84-89323-97-1]. |
|
García Negro, Pilar, "De La Regenta (1885). Leopoldo Alas, Clarín", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, 2015, pp. 195-201 [ISBN 978-84-89323-97-1]. |
|
García Negro, Pilar, "Presentación", en MªPilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 7-15 [ISBN 978-84-89323-97-1]. |
|
García Negro, Pilar, "Escolma e comentario dos textos escollidos de Follas Novas", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 17-80 [ISBN 978-84-89323-97-1]. |
|
García Negro, Pilar, "O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe ", en Rosario Álvarez/Anxo Angueira/María do Cebreiro Rábade Villar/ Dolores Vilavedra (eds.) : Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada , Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2014, pp. 263-282 [ISBN Dixital doi:10.17075/rcsxxi.2014]. |
García Negro, Pilar, “Arredor de Negra Sombra”, en Rosalía na cobiza do lonxe (Cadernos Ramón Piñeiro, volume XXVI), Santiago de Compostela, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 2013, pp. 54-64 [ISBN: 978-84-453-5101-7].
García Negro, Pilar, “O conceito de auctoritas reformulado na obra de Rosalía de Castro: autor, autoría, autoridade”, en Coloquio Internacional Narrativas do Poder Feminino (26-27 abril de 2012, Braga), Braga, Publicações da Faculdade de Filosofia, Universidade Católica Portuguesa / Aletheia. Associação Científica e Cultural, 2012, pp. 399-409 [ISBN: 978-972-697-205-1].
García Negro, Pilar, "De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro da Galiza", Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, literatura, identidade, A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, pp. 193-201 [ISBN 978-85-60559-08-4].
García Negro, Pilar, "Rosalía de Castro: o valor dunha pioneira", en Fortes, B. (coord.): Escrita e Mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf, Santiago de Compostela, Sotelo Branco, 2003, pp. 127-131 [ISBN 84-7824-430-1].
Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "Os diminutivos na poesía en galego de Rosalía de Castro", en M. Casado, A. Freire, J. E. López e J.I. Pérez (eds.): Scripta Philologica in memoriam Manuel Taboada Cid, 2, A Coruña, Universidade da Coruña, 1996, pp. 837-862 [ISBN 84-88301-24-3]. García Negro, Pilar, "A orixinalidade de Rosalia", Rosalia de Castro. Unha obra non asumida, A Coruña, Alexandre Bóveda, 1985, pp. 33-51 [ISBN 84-85271-32-7].
Artigos en revistas
|
Comunicacións en congresos
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "A construção contra a norma: aporximação às personagens femininas na obra de Rosalia de Castro", en Colóquio Internacional Culturas em Negativo, Universidade do Minho, Braga, 1-3 de outubro de 2015.
García Negro, Pilar, “Rosalía de Castro: a orixinalidade do seu cantar”, VI Encontro Cidade da Coruña: os territorios da invisibilidade (11 de marzo-3 de maio de 2013, A Coruña).
García Negro, Pilar, “Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega. Nova arte, novo espírito”, I Congreso Xénero, Museos e Arte (11-13 de outubro de 2013, Lugo).
García Negro, Pilar, “De Rosalía a Castelao. Pensar a Nación”, Pensamento galego no ensino (11-12 de marzo de 2011), CIG & Asociación Socio-pedagóxica Galega (as.pg).
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "O Prólogo de El caballero de las botas azules ou o ensaio dunha poética nova", en Congreso internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. Publicado en Actas do Congreso internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (vol. I), Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela, 1986, pp. 475-482 [ISBN 84-7191-399-2].
García Negro, Pilar, "Rosalía á luz de Mara", en Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, Santiago de Compostela, 15-20 xullo de 1985. Publicado en Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Vol. I, pp. 73-80.
Tese de doutoramento
Pardo Amado, Diego, O debate sobre a identidade feminina na obra de Rosalía de Castro. ( Universidade da Coruña 2011 ), dirixida por Pilar García Negro.