Tese de doutoramento
A obra literária de Hilda Hilst e a categoria do obsceno – Entre a convenção e a transgressão: o erótico-pornográfico, o social e o espiritual
Esta tese aborda a produción literaria da escritora brasileira Hilda Hilst (1930-2004) nos parámetros da convención histórica e a transgresión contemporánea, ao relacionala coa literatura de inspiración obscena, utilizando o termo obsceno como un adxectivo valorativo para ponderar os verdadeiros significados e a profundidade desta obra. Aplícase o concepto de obscenidade como chave interpretativa do conxunto de todos os textos que converxen por volta da constatación do valor crítico que esta categoría adquire na escrita da autora. Para isto, pártese de tres hipóteses de exploración do concepto de obscenidade na literatura hilstiana: a filiación terrestre, social e divina a respecto do humano, demostrando que estas vinculacións revelan un retrato antiutópico da humanidade, polo seu distanciamento do cartesianismo occidental e polo seu escepticismo con relación ao sentido da existencia. O universo literario construído por Hilst revélase como testemuño da utilización simplista da categoría do obsceno na contemporaneidade. Este valor literario da disonancia, unido á conceptualización da obscenidade, son as chaves para, con base na evolución e non na ruptura, reinterpretar a totalidade da obra de Hilst.
RUC-UDC, A Coruña, 2010, 2 Vols. (681 pp. / ISBN 978-84-694-2475-9)