Persoal investigador contratado


Diego Rivadulla Costa

Diego Rivadulla Costa é Licenciado en Filoloxía Hispánica (2012) e Graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2014) pola Universidade da Coruña, con Premio Extraordinario da universidade e da Comunidade Autónoma de Galicia. No ano 2020 obtivo o título de Doutor con Mención internacional e Premio Extraordinario, coa tese intitulada "Novela e memoria cultural: a ficcionalización do franquismo na narrativa galega (2000-2015)", polo Programa de Doutoramento interuniversitario en Estudos Literarios da UDC e a UVIGO. Realizou, ademais, estudos de posgrao como o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (2020) e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas (2013).

Foi bolseiro e investigador contratado no proxecto financiado Cronoloxía da literatura galega (1801-1900) (FFI2012-37891), investigador en formación contratado ao abeiro das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia no Departamento de Letras da UDC e profesor lector de lingua e literatura galegas na Universidade de Deusto. Realizou estadías de investigación na EHEHI Casa de Velázquez (École des hautes études hispaniques et ibériques) en Madrid, na Universidade de Aarhus (Dinamarca), na Universidade de Lisboa (Portugal) e na Universidad Nacional de La Plata (Arxentina). Na actualidade é investigador posdoutoral (Xunta de Galicia) no grupo ILLA da UDC.

Os seus ámbitos de investigación son os estudos literarios e culturais, con especial atención á literatura galega contemporánea, os estudos de memoria cultural e os estudos ibéricos. É membro da Rede Internacional de Investigación "Memoria e Narración" e participa no proxecto Memory Novels LAB: Laboratorio Digital de Novelas sobre Memoria Histórica Española (GV/2021/183) da Universitat de València.

  • Publicacións
  • Teses
  • Outros méritos