Doutorandos/as


Paulo Fernandes Mirás

Paulo Fernandes Mirás cursou estudos superiores na Universidade da Coruña, onde realizou as carreiras de Inglés e Galego-Portugués e os mestrados de Literatura Cultura e Diversidade e o de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria.

 

Como investigador, é o responsábel das antoloxias poéticas de Ricardo Carvalho Calero (2019) e Ernesto Guerra da Cal (2021) publicadas na Através Editora e a biografia de Ricardo Carvalho Calero (2020) publicada na editora Ir Indo. Tamén é profesor de lingua e literatura galegas e Académico Correspondente da AGLP. 

 

Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a edición e o estudo crítico da obra poética completa en galego de Carvalho Calero.