Persoal investigador contratado


Ánxela Lema París

Ánxela Lema París é Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2013) pola Universidade da Coruña. No ano 2020 obtivo o título de Doutora, con mención internacional e cum laude, coa tese titulada Deconstruír o erotismo poético desde as non-monogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI, dirixida por Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Marta Segarra (Universidade da Coruña/Université Paris 8 Vincenntes Saint Denis). Realizou, ademais, estudos de posgrao como o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (2014), o Mestrado en Teoria da Literatura e Literaturas Lusófonas (2015) e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas (2021).

Foi leitora de lingua, literatura e cultura galegas e profesora temporal da Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 (2015-2018), leitora de español no Institut Universitaire de Technologie d'Amiens-Université de Picardie Jules Verne (Amiens, France/2017-2018) e investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2018-2020). Na actualidade ten unha bolsa Margarita Salas na modalidade posdoutoral.

Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero e literarios, especialmente a análise de como inflúen o sistema sexo-xénero e o sistema monógamo á hora de relacionarnos coa literatura.

  • Publicacións
  • Teses