Persoal investigador colaborador


Alberto Pombo Añón

Alberto Pombo é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, onde tamén realizou dous mestrados relacionados coa práctica pedagóxica e coa Literatura, Cultura e Diversidade. 

 

Como profesor, exerceu a docencia de Historia da Galiza e de Literatura Galega na Universidade de Extremadura ocupándose, nesta institución, da xestión cultural do Centro de Estudos Galegos, entre 2010 e 2014, e integrando o grupo de investigación LEPOLL. Actualmente, está exercendo no ensino secundario como profesor de lingua e literatura galegas. En 2020, obtivo o Premio Mil Primaveras que entrega a CTNL polo traballo desenvolvido en prol da promoción da lingua galega entre a mocidade. Ademais de ter traballado en prensa física e dixital, desde o ano 2009 ocúpase da xestión do Portal Galego da Língua. No ano 2010, participou no nacemento do portal de noticias Diário Liberdade.

 

Actualmente, dirixido por Teresa López e Xosé María Dobarro, desenvolve a tese de doutoramento “Verso e acorde: Relacións entre literatura galega e música”.

 

 

 

 

 

 

  • Teses