Doutorandos/as


Inmaculada Doval Porto

Inma Doval Porto é licenciada en Xeografía e Historia (1989), especialidade en Arte moderna e contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2019 finaliza o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade na Universidade da Coruña, na especialidade en galego e portugués, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Mestrado. O seu Traballo Final de Mestrado, dirixido por María do Carme Fernández Pérez-Sanjulián, leva por título Proxección autoral das poetas galegas nas Redes Sociais Dixitais. Aproximación a catro casos representativos: Helena Villar Janeiro, Dores Tembrás, Afra Torrado e Estíbaliz Espinosa Río.

Actualmente desenvolve a súa tese de doutoramento sobre relacións interartes en poetas galegas, portuguesas e brasileiras, dirixida polo profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro e a profesora Alva Martínez Teixeiro, dentro da liña de investigación Literaturas e culturas galega e portuguesa e Literatura medieval, no Programa Oficial de Doutoramento Interuniversitario (UDC e UVigo) en Estudos Literarios.

Alén do seu labor investigador é bibliotecaria na UDC e artista plástica. Coordina e modera, desde o ano do seu inicio (2014), o Club de lectura e encontros literarios da UDC, Nébeda.