Publicacións


No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal

Edición

García Negro, Pilar

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais
Literatura contemporánea galega

ISBN

978-84-89323-97-1

Editorial

Alvarellos Editora

Data de publicación

2015

Número de páxinas

282

Descrición


A investigadora Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras e escritores neste libro coral. Nel poden lerse textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca –como primeira obra escolmada– de Follas Novas (1880). Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, desde Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

No tempo de “Follas Novas” recompila contribucións de Mª Pilar García Negro, Marica Campo, Teresa Barro, Kathleen N. March, Xosé Luís Axeitos, Mª Jesús Lorenzo Modia, Elvira Sanz Gómez, Eduardo Álvarez, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Celia María Armas García, Anxo Angueira, Xoán Ignacio Taibo, Andrés Pociña e Aurora López, Carlos Callón, Pilar Pallarés, Luís Cochón, Francisco Rodríguez e Carlos Negro.