Actualidade
-
'Panorama del teatro gallego (1882-2020)'
22 de xuño de 2022Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes ofrecerá unha palestra sobre o teatro galego moderno.
Centro Betanzos (Bos Aires) -
Xornadas 'Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil'
16 e 17 de xuño de 2022Teresa López, coordinadora do grupo ILLA, participa neste encontro.
Illa de San Simón (Redondela) -
'Cultura galega e arte urbana. Unha aproximación aos murais e graffiti na provincia da Coruña (2015-2021)'
16 de xuño de 2022Rebeca Castiñeiras participará no ciclo Aula Aberta organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co Grupo ILLA.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, r/ Olmos 16, 1º andar -
Publicación da obra completa de Manuel Lourenzo, figura central do teatro galego
Xuño 2022Cilha Lourenço Módia, membro de ILLA, é a editora literaria.
-
Arredor de Ruth M. Anderson: Kathleen March en conversa con Pilar García Negro
8 de xuño de 2022, 19:30 hILLA colabora na organización desta actividade.
NORMAL. Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47 -
Publicación do Cancioneiro da Ribeira de Piquín
Maio 2022Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez editan o volume.
-
Scopus indexa a Revista Galega de Filoloxía
20 de maio de 2022O Consello Asesor e de Selección de Contidos de Scopus (CSAB) aproba a indexación da Revista Galega de Filoloxía.
-
Novas funcións en Universo Cantigas
Maio 2022Unha nova ferramenta informará das novidades do portal.
https://universocantigas.gal -
Petición de contributos - Revista Galega de Filoloxía, número 23 (2022)
A Revista Galega de Filoloxía mantén aberto o período de envío de traballos para o seu próximo número.
-
Coloquio 'Corpos, afectos e sexualidades non normativas na escena galega'
10 de maio de 2022O coloquio está organizado polo Observatorio do Teatro Galego (OTG), promovido polo grupo ILLA en colaboración coa Academia Galega de Teatro.
Sala de graos da Facultade de Filoloxía