Actualidade


ILLA organiza o Seminario "Poéticas queer: da teoría ao texto"
4 de abril de 2025, 16.00h
Sala Carvalho Calero (Facultade de Filoloxía)

Esta actividade, coordinada por Carme Fernández P-Sanjulián do grupo ILLA, contará coa presenza de Ánxela Lema, Lucía Aldao e Andrea Nunes.


O seminario Poéticas queer: da teoría ao texto está coordinado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, e ten como obxectivo reflexionar, a partir das lecturas e comentarios das autoras convidadas, sobre xénero, sexualidade e corporalidade coa vontade de descubrir como cada un deles intersecciona e se reflicte nas súas propostas literarias.


O programa será o seguinte:

  • 16-16.30_Presentación: Carme Fernández P-Sanjulián
  • 16.30-17.30_ Ler e reflexionar sobre identidade, corpo e desexo: Ánxela Lema París (UDC)
  • 17.45–20_ Dúas voces poéticas en diálogo: Lucía Aldao e Andrea Nunes (lectura, análise e reflexións a partir dos propios textos)
  • 20 h _ Coloquio e conclusións


Esta actividade está integrada no programa formativo do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade e do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios.