Actualidade


O portugués no/do Uruguai como obxecto de investigación e como obxecto de ensino
15 de outubro de 2024, 19.00h
Sala 2.14 (Facultade de Filoloxía)

O encontro estará dirixido por Xosé Manuel Sánchez Rei, membro do grupo ILLA.


A próxima terza feira día 15 de outubro, Juan Manuel Fustes Nario (Universidade da República/Uruguai) impartirá unha palestra intitulada "O portugués no/do Uruguai como obxecto de investigación e como obxecto de ensino". Nela darase conta da situación sociolingüística da lingua portuguesa nos territorios de Uruguai en que se emprega e das súas máis salientábeis características gramaticais.

O encontro terá lugar na Sala 2.14 da Facultade de Filoloxía, ás 19.00h, e estará coordinado polo profesor e membro de ILLA Xosé Manuel Sánchez Rei.