Actualidade


II Coloquio de Lingüística Histórica: detalles do evento

O II Coloquio de Lingüística Histórica celebrarase os días 26 e 27 de xuño


Os días 26 e 27 de xuño desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o II Coloquio de Lingüística Histórica, organizado polo Grupo ILLA. Ten como obxectivos revisar e pór ao día os avances nos estudos de lingüística histórica galega e portuguesa, do léxico e da edición textual; e presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos galego, portugués e románico.

 

 

Relatores/as (por orde de participación)

José Luis Rodríguez, Xosé Manuel Sánchez Rei, Ramón Mariño Paz, Teresa Brocardo, Leticia Eirín García, Rosalía Cotelo, Mercedes Brea, Bieito Arias Freixedo, José Antonio Souto Cabo, Ricardo Pichel Gotérrez, Mariña Arbor Aldea, Pär Larson, Pedro Dono, Xosé Ramón Freixedo Mato, Manuel Ferreiro, Rip Cohen e Xoán López Viñas. 

 

Persoas destinatarias

Profesorado e alumnado universitario, profesorado de ensino primario e secundario, de escolas oficiais de idiomas e de formación profesional, inspectores/as ao servizo da Administración educativa e inspectores/as de educación, profesionais de gabinetes de normalización lingüística.

 

Recoñecemento de horas e créditos

Este Coloquio ten unha duración de 16 horas e ten recoñecido 1 crédito de libre elección (código 514/68) para o alumnado da Universidade da Coruña. Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ao 75% das conferencias programadas.

 

Inscrición

A inscrición é gratuíta. Deberá enviarse un correo electrónico a grupo.illa@udc.es, cos seguintes datos persoais: nome e apelidos, DNI, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico. Máis información: 981 167 000 (exts. 4723, 1824, 4774, 4773).

O prazo de inscrición remata o 25 de xuño de 2014.