Actualidade


28 contos inéditos de Ramón Otero Pedrayo
Novembro 2026

Carme Fernández Pérez-Sanjulián dá a coñecer en 'Nós Diario' esta relevante descuberta.


A profesora e membro de ILLA, especialista na obra do autor ourensán, relata nas páxinas de Nós Diario o achado nos fondos da Fundación Penzol destas narracións atopadas entre os contos manuscritos que Otero Pedrayo enviou en 1956 para o libro Entre a vendima e a castañeira: 49 relatos dos que só 20 se publicaron en 1957.

 

Entre a vendima e a castañeira foi a colección de contos coa que Ramón Otero Pedrayo retomou case vinte anos despois da edición da novela O mesón dos ermos (1936) o seu rol de narrador en galego.

 

No artigo a experta oteriana explica o proceso de elaboración deste libro de narracións que mostra o desenvolvemento dun proxecto persoal por parte do autor ourensán, contextualizado no seu aquí e agora.  

 

Desde ILLA dámos os parabéns á profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián por este achado e agardamos a publicación dos textos que, sen dúbida, suporán unha achega moi relevante para o coñecemento da narrativa galega da posguerra e do universo literario oteriano.