Actualidade


Ana Garrido no Encontro interuniversitario do programa de doutoramento en Estudos Literarios
5 de novembro de 2026
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

A profesora da Universidade de Varsovia participará neste encontro por convite de ILLA.


O encontro está organizado polo programa interuniversitario en Estudos literarios das Universidades da Coruña e Vigo.

Na inauguración participarán Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, e Beatriz Suárez Briones, profesora na Universidade de Vigo. 

A intervención da profesora Garrido, que servirá para clausurar o encontro, leva por título 'Como investigar as representacións da muller na literatura: emigración, xénero e identidades'.

Ao longo de todo o día o estudantado de doutoramento terá ocasión de presentar as súas investigacións en curso.