Actualidade
Diego Rivadulla participa nun seminario sobre literaturas ibéricas da memoria
22 e 23 de outubro de 2026
Universidade de Alcalá de Henares
O membro de ILLA participa como convidado no Seminario Internacional Literaturas Ibéricas da Memoria.
Este evento enmárcase no proxecto de investigación "Representaciones de los procesos de violencia del pasado reciente en las literaturas ibéricas del siglo XXI" (LITIBER), coordinado pola profesora Cristina Somolinos, que ten o obxectivo de articular unha visión panorámica e comparatista das representacións da memoria da violencia ditatorial do século XX na esfera cultural ibérica, a partir da análise de textos literarios do século XXI en portugués, catalán, galego, español e éuscaro.
O investigador de ILLA será o responsábel da palestra “Documentar para repensar la violencia del 36 a través del discurso dramático: O Péndulo (2022) de Marta Pérez y Ernesto Is”.

