Actualidade


Premio da Crítica para Universo Cantigas
17 de outubro de 2026

A edición das Cantigas de Amigo obtén o galardón na modalidade de Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades


O proxecto Universo Cantigas, dirixido polo profesor Manuel Ferreiro, e do que tamén fai parte a profesora Leticia Eirín, membros do grupo ILLA, vén de obter este prestixioso premio polo volume Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo, en que se recollen as 501 cantigas de amigo galego-portuguesas transmitidas polos nosos cancioneiros medievais.

ILLA dá os parabéns por este prestixioso galardón ao equipo editor, do que tamén fan parte Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo e Mariña Arbor, da Universidade de Santiago de Compostela.

En https://universocantigas.gal/ poden acceder aos resultados completos do proxecto de edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa.

Na fotografía, Leticia Eirín e Manuel Ferreiro co galardón.