Actualidade


ILLA celebra o centenario editorial da obra 'O Mariscal'
28 de outubro de 2026, 12:30 h
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

Emilio Ínsua será o encargado de impartir unha palestra sobre a obra de Cabanillas e Vilar Ponte.


En 2026 conmemóranse os 100 años da publicación da obra dramática O Mariscal escrita por Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte.

Con este motivo, o grupo ILLA e a Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor organizan unha palestra na que Emilio Ínsua, experto na obra de Vilar Ponte e autor da monografía Sobre O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte, editada pola UDC, se achegará á proposta teatral que os autores irmandiños construíron arredor da figura de Pardo de Cela.