Actualidade
Coa coordinación de Xoán López Viñas e Cilha Lourenço Módia, ILLA organiza por cuarto ano consecutivo esta actividade especialmente dirixida ao profesorado de secundaria e bacharelato.
Na actual edición temos o pracer de contar coa participación de María Vilariño Suárez, Estefanía Mosquera Castro e Noemí García Rodríguez, profesoras funcionarias de ensino secundario e bacherelato e egresadas da Universidade da Coruña.
O programa da xornada será o seguinte:
16:30 h María Vilariño Suárez: 'Cara a onde nos diriximos?'
17:15 h Estefanía Mosquera Castro: 'Aulas sen paredes: ensino da literatura e da dinamización lingüística'
18:00 h Pausa
18:15 h Noemí García Rodríguez: 'A chave da lingua: abrir a aula á comunidade'
A asistencia é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

