Actualidade


Palestra de Henrique Marques Samyn
5 de outubro de 2026
Sala 2.11 Facultade de Filoloxia (UDC)

O escritor e Professor Associado do Instituto de Letras da Universidade do Estado do Rio de Janeiro ofrecerá a palestra "Uma (breve) aproximação às poéticas negras brasileiras".


Como, na actualidade, sería posible presentar unha introdución á literatura brasileira, cando os propios parámetros que permitiron a construción de narrativas convencionais arredor da idea de literatura – ou das ideas asociadas dun canon ou dunha nación, por exemplo – foron cada vez máis postos en cuestión? Asumindo que calquera discurso cunha pretensión así fracasaría inevitablemente, propónse aquí unha exposición que recoñeza estas fendas: desde unha perspectiva conscientemente non universalizante – é dicir: a perspectiva dunha investigadora e escritora negra brasileira – o obxectivo é destacar algunhas das moitas cuestións que rodean as nocións establecidas de 'Brasil' e 'Literatura Brasileira'; ao tempo que se presenta unha selección de escritores, a maioría dos cales son negros, que produciron obras literarias significativas na escena contemporánea.